Mi foto
Spain
Gallega afincada en Madrid. Enamorada de Barcelona. Apasionada de la fotografía, la música y todo lo que sea ARTE. Adicta al café y adoradora de felinos. Compartiré aquí mi particular visión del mundo. Espero que disfruteis con ello ... y bienvenid@s.

lunes, 6 de agosto de 2012

Paraíso

Hai veces que necesitas esquecerte do mundo, necesitas esconderte, paz, tranquilidade, perderte ... Galicia ten moitos lugares para iso, moitos montes, moitos carreiros, lugares máxicos onde respirar aire fresco e deixar ao carón o bullicio das cidades.

Un deses lugares ... as Illas Cíes, o noso paraíso particular.



Así que hai uns dias collín chándal, tenis e mochila e funme cunhas amigas a gozar dá natureza.


As Cíes compóñense de 3 illas que forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo.
As dúas primeiras atópanse unidas artificialmente por unha escolleira e polo areal da Praia de Rodas, praia considerada en febreiro do 2007 como a mellor praia do mundo polo xornal The Guardian.


Aloxamento nas Illas:
'' Camping Illas Cíes '', ten unha capacidade de 800 prazas diarias e cada visitante pode aloxarse como máximo 15 dias. Só está aberto en Semana Santa e na tempada de verán. Reserva previa.
Teléfonos: 986 687 050 y 986 438 358.
web: www.campingislascies.com

Como chegar ??
Só se pode acceder o archipélago dende o mar, por medio de servicio de transporte marítimo de pasaxeiros ou con autorización previa se se trata de unha embarcación privada.

Liña de barcos a Illas Cíes:

Compañía: Naviera Mar de Ons, S.L.
Teléfono: 986 22 52 72.
Embarques: Vigo, Baiona, Cangas de Morrazo.
Época: Semana Santa, fins de semana de maio, período estival.
Páxina web: www.mardeons.com



Recomendo facer esta visita se pasades por Galicia, non ten desperdicio.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Gracias por dedicarme unos minutos dejandome tu opinión.
Respondo siempre, si te apetece puedes volver a ver tu respuesta.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...